SERVIZOS

Comunicación 360º

Relacións Públicas

Xestión de eventos

Revitalización Comercial

Com2Be naceu da idea de dúas profesionais da comunicación e das relacións públicas que, conscientes de que o paradigma social e empresarial do país tiña cambiado –a relación empresa-cliente, o panorama político, as ferramentas e canais de comunicación e, especialmente, a cidadanía e os consumidores-, entenderon que chegara o momento de ofrecer outro xeito de traballar.

Convencidas de que o servizo de asesoría tiña que prover de servizos innovadores, minuciosos, e sobre de todo, con corazón e alma, crearon a axencia de comunicación e public affairs Com2Be.

Com2Be comunica para existir, xa que cremos que aquel que non suba ao tren da comunicación, da conexión co seu público, da humanización da súa entidade e da creación de experiencias formidables, non terá un oco neste novo ecosistema empresarial.

Estos son os motivos que nos levan a afirmar que Com2Be marcará a diferenza: para nós, cada cliente sempre merece o mellor. As grandes campañas publicitarias e os enormes orzamentos que afastaban ás pequenas e medianas entidades do taboleiro de xogo son cousa do pasado: cada entidade ten un espazo para ela, só hai que saber como traballalo e utilizar as ferramentas que permitan tirar o maior partido do mesmo.

“THE MOST DIFFICULT THING IS THE DECISION TO ACT,
THE REST IS MERELY TENACITY"_ A. EARHART”